Inditex construyó o aparcamento en contraprestación por 10.500 metros cuadrados de terreos na zona empresarial
Representantes do goberno local da Laracha e do Grupo Inditex asinaron onte a acta de recepción do aparcamento público que a empresa vén de construír no polígono industrial. Este novo equipamento xa foi posto a disposición da cidadanía para o seu uso.
A actuación fíxose no marco do convenio urbanístico entre ambas partes que implicou a permuta duns 10.500 metros cadrados de terreos. O aparcamento público e unha parcela de titularidade municipal cualificada para albergar equipamentos. En contraprestación, Inditex crearía un aparcamento público co mesmo número de prazas. Ademáis, cedería ao Concello unha parcela para equipamentos públicos de superficie similar noutra zona do polígono.
Así, Inditex vén de rematar as obras de creación do aparcamento, que presenta unha superficie de 3.723 metros cadrados. Dispón de 93 prazas de estacionamento e todos os servizos correspondentes, incluíndo o alumeado. Tamén foi creada unha barreira visual vexetal que separa este ámbito da estrada. O proxecto tivo un orzamento de 448.000 euros.
Así mesmo, nunha zona próxima as novas instalacións, o Concello dispón agora dunha parcela para equipamentos públicos dunha superficie de 7.266 metros cadrados.
Contedores contra o coronavirus
Suelo Empresarial del Atlántico está a xestionar a colocación de contedores nos seus polígonos industriais para a recollida de residuos procedentes das medidas de protección contra o COVID-19. Iniciaron os trámites oportunos e se comezó a entablar contactos con distintos concellos, entre eles A Laracha.
Beatriz Sestayo, xerente de SEA, incidiu no compromiso coas medidas de prevención de empresas e traballadores e traballadoras. Ademáis indició no desenvolvemento empresarial e económico nos diferentes polígonos industriais.
Suelo Empresarial del Atlántico xestiona 13 parques empresariais en Galicia, que suman máis de 4 millóns de metros cadrados. Se sitúan nas provincia de Lugo (Monforte de Lemos, Mondoñedo, Chantada e Rábade), da Coruña (Malpica, Vimianzo, Cee, A Laracha, A Pobra do Caramiñal, Muros e Rianxo) e de Pontevedra (Vilanova de Arousa e Catoira).