As alumnas comenzan o 7 de marzo as prácticas en centros da Laracha, Arteixo e A Coruña
As dez alumnas de Atención sociosanitaria a persoas dependentes do Obradoiro de Emprego A Laracha VII, realizaron un curso de manipulación de alimentos. A duración foi de catro horas impartido por unha empresa acreditada. Nel, puideron ampliar coñecementos e traballar conceptos de interese para o seu labor profesional. Entre eles, cadea alimentaria, os axentes contaminantes, métodos de conservación de alimentos, alerxias, dietas especiais, etc.
Durante a curso recibiron a visita do alcalde, José Manuel López Varela, da concelleira de Emprego, Rocío López e da directora do Obradoiro de Emprego. Despois de examinarse da penúltima das unidades formativas, as alumnas comezarán as prácticas en centros de día e residenciais da Laracha, Arteixo e A Coruña. Será partir do próximo 7 de marzo, o que lles permitirá coñecer a realidade de tres centros de traballo diferentes.
Especialidade de pintura industrial en construción
Así mesmo, a outra especialidade do Obradoiro de Emprego A Laracha VII, continúa desenvolvendo a fase formativa práctica. Na actualidade realizan traballos de mellora de instalacións de titularidade municipal. Este programa dual de formación e emprego é organizado e financiado grazas á cooperación entre o Concello da Laracha e a Consellería de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia.