A Mesa de Contratación do Concello da Laracha reuniose hoxe para avanzar na adxudicación de diferentes contratos
O Concello reuniu e Mesa de Contratación para avanzar no procedemento de adxudicación dunha serie de contratos de diferentes características. Tdos eles realizados polo procedemento aberto e publicados na Plataforma de Contratación del Sector Público. Na maioría dos casos unicamente se abriron as plicas das características técnicas dos licitadores. Soamente nun dos procedementos se levou a cabo a apertura dos sobres coas correspondentes ofertas.
Foi o relativo á implantación e mantemento dunha aplicación para a Policía Local. O Concello incorporará un novo software informático que modernice e axilice a xestión administrativa e operativa do corpo de seguridade municipal. Tamén, dos servizos complementarios necesarios para o seu uso (documentación, configuración, personalización, parametrización, carga de plantillas, formación y posta en marcha). O valor estimado do contrato ascende a preto de 37.000 euros (impostos engadidos) por un período de catro anos (dous prorrogables por outros dous máis). O número de licitadores ascendeu a cinco.
Punto limpo e limpeza viaria
O contrato de maior importe, cun valor estimado total de 943.799,62 euros máis o imposto de valor engadido é o da xestión do punto limpo e a limpeza viaria. A participación está limitada a centros especiais de emprego e empresas de inserción laboral de persoas con diversidade funcional. En ambos casos as empresas que resulten concesionarias estarán obrigadas a subrogar o persoal actualmente adscrito a eses servizos.
Aluguer de parcelas privadas para aparcamento
O Concello promove esta iniciativa co obxectivo de aumentar as prazas de estacionamento público e gratuíto nas inmediacións de lugares de interese. Trátase do recinto feiral de Paiosaco, do centro de saúde da Laracha e do complexo deportivo e Casa da Cultura. Os contratos de aluguer terán unha duración máxima de catro anos, debendo cumprir as parcelas unhas condicións de ubicación e características axeitadas.
Contratos de obras na rede viaria
Tamén están en fase de contratación tres proxectos de obras na rede viaria municipal valorados nun total de 235.000 euros. Na parroquia de Caión realizarase unha intervención en Xermaña. Rexistráronse tres licitadores. Outro proxecto consiste na renovación do pavimento da estrada O Chamusco-Arén (parroquia de Cabovilaño) e no núcleo de Bocixa (Soandres). Presentaron oferta nove empresas. A terceira intervención afectará a vías en núcleos de poboación de seis parroquias, en concreto de Cabovilaño (Nogán, As Ribas, A Teixoeira e Cardois), Soandres (O Campo Medado), Vilaño (Vilaño Vello), Montemaior (A Ribeiriña e A Cerdeira), Lendo (accesos a Lista e Os Abelares) e Coiro (O Pereiro). Neste caso son cinco os aspirantes á adxudicación do contrato.