sábado, mayo 24, 2025
  • Sobre Nosotros
Sin Prensa
Toda la prensa
El Diario de A Laracha
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
Sin Prensa
Toda la prensa
El Diario de A Laracha
Sin Prensa
Toda la prensa
Periódico A Laracha

Mañá abre a inscrición das actividades municipais de verán

diariodelaracha ≫ diariodelaracha
junio 14, 2022
in A Laracha
0
programa verán deporte e ocio na Laracha

Programa de verán na Laracha

0
COMPARTIDA
66
VISTA
Share on FacebookShare on Twitter

Ofértanse 22 actividades culturais, deportivas e recreativas para todos os públicos

O Concello da Laracha presenta o completo programa municipal de actividades de verán que se desenvolverá durante os meses de xullo, agosto e setembro. Inclúe un total de vinte e dúas propostas culturais, deportivas, lúdicas e recreativas especialmente dirixidas ao público infantil e xuvenil, pero tamén a persoas adultas. Este programa ofrece opcións para o aproveitamento do tempo libre e para facilitar a conciliación persoal, laboral e familiar durante o período de vacacións de verán nos centros escolares.

O prazo de inscrición abrirase mañá, 15 de xuño. Poderán formalizarse acudindo ao Concello ou tamén en liña cubrindo o formulario que se habilitará na web municipal alaracha.gal. Vai dirixido a persoas empadroadas no termo municipal da Laracha. No caso de quedar prazas dispoñibles abriríase a alumnos dos centros de ensino que non sexan veciños da Laracha ou a nenos non empadroados, pero que si o está o seu pai ou nai. Salvo no caso dos campamentos (sorteo se hai máis solicitudes que as 50 prazas dispoñibles), no resto de actividades as prazas serán adxudicadas por orde de inscrición.

Campamentos

Neste verán haberá tres campamentos distintos para os diferentes grupos de idade:

  • O campamento urbano realizarase no pavillón do IES Agra de Leborís do 4 ao 8 de xullo en horario de mañá (9:30 a 13:30 h) e vai dirixido a nenos de 3 a 7 anos
  • O tradicional campamento de Caión contará con dúas quendas (ambas de 10:00 a 18:00 horas). Sendo a primeira tamén do 4 ao 8 de xullo (12 a 15 anos) e a segunda, do 11 ao 15 do mesmo mes (8 a 11 anos)
  • No campamento urbano e na segunda quenda do campamento de Caión ofrécese opcionalmente o servizo Madrugadores a partir das 8:30 horas naqueles casos nos que se xustifique a necesidade de conciliación da vida persoal, laboral e familiar

Campus dos deportes

A programación de verán tamén inclúe os tradicionais campus dos deportes máis practicados no termo municipal da Laracha:

  • O de fútbol será do 18 ao 22 de xullo e en dous grupos nos campos Municipal da Laracha (5 a 11 anos) e A Porta Santa de Paiosaco (12 a 15 anos)
  • O de baloncesto vai dirixido a rapaces de entre 5 e 15 anos e realizarase no pavillón Municipal da Laracha do 1 ao 5 de agosto

Público infantil

Outras actividades para o público infantil serán:

  • Saída ao Diver Jump Trampoline Park de Santiago de Compostela (1 de xullo)
  • Kaiak nas Fragas do Eume (26 de xullo)
  • Paintball en Valdoviño (8 de agosto)
  • Humor Amarelo na Coruña (11 de agosto)
  • Circuíto de karts a pedais que se realizará no campo da feira de Paiosaco (18 de agosto)
  • Cursillo de iniciación ao surf na praia de Caión (22 de agosto)

Para o público xuvenil e adulto

Ofrécese para o público xuvenil e adulto:

  • Práctica do kaiak nas Fragas do Eume (26 de xullo)
  • Tirolina xigante e Ruta dos Fornos na Pontenova (28 de xullo)
  • Xornada no circuíto de karting de Vimianzo (9 de agosto)
  • Rocódromo na Coruña (12 de agosto)
  • Paintball en Valdoviño (19 de agosto)
  • Humor Amarelo na Coruña (23 de agosto)
  • Rafting no río Ulla (25 de agosto)

Espectáculos

O programa tamén inclúe catro espectáculos de rúa:

  • O primeiro será o 8 de agosto ás 20:00 h en Caión con Galicia Ilusiona que terá a maxia e o ilusionismo como fíos condutores
  • En torno á celebración das Festas Patronais da Laracha, o 14 de agosto ofrecerase o concerto infantil de Astronauta Sideral Uxía Lambona e a Banda Molona (Praza do Concello, 19:00 h)
  • Día 16, o show de acrobacia aérea Desastronauts a cargo de Somos Circo (Praza Olonne sur Mer, 19:00 h)
  • O 8 de setembro, no día da Romaría dos Milagres, desde as 19:00 horas podarase disfrutar en Caión do espectáculo cómico familiar Oh-Pera, de Circo Chosco

Na organización deste programa colaboran co Concello da Laracha a Xunta de Galicia e a Deputación Provincial da Coruña.

Tags: deportesNoticias de Larachaocio
⬅ Noticia Anterior

O Concello da Laracha destina 140 mil euros a servizo de desbroce

Siguiente Noticia ➡️

Deportistas do SAL no Campeonato Galego Absoluto de Augas Aberta

Siguiente Noticia ➡️
campeonato absoluto augas abertas Dumbría

Deportistas do SAL no Campeonato Galego Absoluto de Augas Aberta

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

El Diario de A Laracha

  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
  • Contacto

Redes y Canales

  • El Portal de la Infancia
  • Salud y Medicina Hoy
  • Videos de A Laracha en Youtube
  • El Diario de Arteixo
  • Videos de Arteixo en Youtube

Contacto

  • Contactar con redacción
  • Envío de videos
  • Envío de fotos
  • Contratar publicidad
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
  • Contacto

© El Diario de A Laracha | Avda. Fisterra 237 1º izq. - 15142 Arteixo, A Coruña | Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de Cookies © 2020 Created by Apeon

Sin Prensa
Toda la prensa
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL

© El Diario de A Laracha | Avda. Fisterra 237 1º izq. - 15142 Arteixo, A Coruña | Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de Cookies © 2020 Created by Apeon

Login to your account below

Forgotten Password?

Fill the forms bellow to register

All fields are required. Log In

Retrieve your password

Please enter your username or email address to reset your password.

Log In
Esta web utiliza cookies, puede ver aquí la Política de Cookies. Si continúa navegando, está aceptándola.
Ir a la versión móvil