jueves, mayo 22, 2025
  • Sobre Nosotros
Sin Prensa
Toda la prensa
El Diario de A Laracha
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
Sin Prensa
Toda la prensa
El Diario de A Laracha
Sin Prensa
Toda la prensa
Periódico A Laracha

O Pleno acorda por unanimidade actualizar o irmandamento con Les Sables D´Olonne

diariodelaracha ≫ diariodelaracha
mayo 28, 2022
in A Laracha
0
pleno concello da laracha maio 2022

Pleno ordinario de maio na Laracha

0
COMPARTIDA
40
VISTA
Share on FacebookShare on Twitter

Tamén se aprobaron no pleno con carácter inicial as ordenanzas de terrazas e uso da praia de Caión e definitivo as do viveiro de empresas e o Programa Harmoniza

No Pleno ordinario celebrado onte os tres grupos municipais aprobaron por unanimidade a actualización do irmandamento vixente entre A Laracha e Olonne sur Mer para adaptalo á nova realidade desa localidade francesa trala súa fusión con outros dous municipios.

No ano 2010 os Concellos da Laracha e de Olonne sur Mer rubricaron o seu irmandamento, o que posibilitou que durante a última década se levasen a cabo  diversas iniciativas relacionadas coa promoción do turismo e coas actividades de intercambio cultural, educativo, deportivo e lingüístico nas que participaron centos de laracheses e de olonnais de todas as idades.

En 2019 fíxose efectiva a  fusión dos tres antigos municipios franceses que formaban o País de Olonne: o propio Olonne sur Mer, Sables d’Olonne e Château-d’Olonne, que agora forman unha entidade única de máis de 45.000 habitantes baixo a denominación Les Sables D’Olonne, coa que hoxe o Pleno autorizou o novo irmandamento oficial.

Despois das reunións mantidas recentemente entre representantes do goberno local da Laracha e do Comité de Irmandamento do municipio francés, o alcalde, José Manuel López Varela, avanzou que en agosto unha delegación larachesa -que contará con alumnado do IES Agra de Leborís e membros da Asociación Cultural Arume de Caión- viaxarán a Les Sables D’Olonne para participar na Festa dos Irmandamentos desa localidade.

Ordenanzas municipais

A unanimidade dos tres grupos municipais repetiuse na aprobación con carácter inicial de dúas ordenanzas:

Unha delas é actualización da normativa sobre as terrazas dos locais de hostalaría. O texto modifícase na procura dunha mellor organización e distribución dos espazos para permitir a actividade, pero garantindo a boa accesibilidade para os peóns e adecuando a estética da terraza en torno ao lugar no que se sitúa. Tamén establece os horarios de funcionamento nas diferentes épocas do ano.

A outra ordenanza que se aproba con carácter inicial é a do uso da praia de Caión, que ten por finalidade regular as actividades que se realicen no areal co propósito de aumentar a seguridade e protexer a saúde pública e o medio ambiente. O alcalde, José Manuel López Varela, aclarou que trata de “compatibilizar as actividades náuticas co uso e desfrute da praia por parte dos bañistas”, pero sempre dando preferencia a estes últimos para garantir a súa seguridade cando as circunstancias así o requiran. O rexedor explicou que o texto da nova normativa “foi consensuado cos diferentes sectores implicados” e que é “unha ampliación do que xa estaba regulado na ordenanza sobre condutas cívicas e promoción dos espazos públicos”.

Programa Harmoniza

Ademais, no Pleno acordouse elevar a definitiva a aprobación doutras dúas ordenanzas, en ambos casos coas abstencións dos grupos municipais do PSOE e do BNG.

A do novo Programa Harmoniza: Conciliando na Laracha engloba, adapta e regula o funcionamento de todos os servizos municipais de apoio á conciliación da vida persoal, laboral e familiar. A normativa garante a continuidade do programa durante os próximos anos e facilita a incorporación de novas medidas se así fose necesario. O texto proposto contempla notables rebaixas na puntuación da baremación necesaria para ter dereito a bonificacións na cota xeral e prioriza o acceso ao servizo ás persoas que xustifiquen a necesidade por circunstancias laborais ou sociofamiliares.

A do viveiro municipal de empresas está centrada na regulación tanto dos criterios de admisión como no funcionamento das instalacións. Grazas a esta infraestrutura o Concello ofrece aos emprendedores laracheses a oportunidade de dispoñer dun espazo físico –naves industriais e oficinas- e as condicións e servizos precisos para a implantación inicial e a consolidación da súa actividade, apoiando, así, as iniciativas empresariais que contribúan á dinamización industrial, á promoción económica e á creación de emprego no municipio.

Tags: laracha noticiasruralsociedad
⬅ Noticia Anterior

Subvencións dirixidas a entidades culturais, deportivas, educativas e deportistas individuais

Siguiente Noticia ➡️

Día do Deporte da Laracha o sábado 4 de xuño

Siguiente Noticia ➡️
Día do deporte na Laracha 4 de junio 2022

Día do Deporte da Laracha o sábado 4 de xuño

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

El Diario de A Laracha

  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
  • Contacto

Redes y Canales

  • El Portal de la Infancia
  • Salud y Medicina Hoy
  • Videos de A Laracha en Youtube
  • El Diario de Arteixo
  • Videos de Arteixo en Youtube

Contacto

  • Contactar con redacción
  • Envío de videos
  • Envío de fotos
  • Contratar publicidad
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
  • Contacto

© El Diario de A Laracha | Avda. Fisterra 237 1º izq. - 15142 Arteixo, A Coruña | Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de Cookies © 2020 Created by Apeon

Sin Prensa
Toda la prensa
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL

© El Diario de A Laracha | Avda. Fisterra 237 1º izq. - 15142 Arteixo, A Coruña | Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de Cookies © 2020 Created by Apeon

Login to your account below

Forgotten Password?

Fill the forms bellow to register

All fields are required. Log In

Retrieve your password

Please enter your username or email address to reset your password.

Log In
Esta web utiliza cookies, puede ver aquí la Política de Cookies. Si continúa navegando, está aceptándola.
Ir a la versión móvil